EconomíaEconomíaÚltima hora

Concentración de protesta fronte ao baleirado sanitario nos edificios centrais da Xunta en Santiago

 

Baixo o lema “Polo plan de saneamento fronte á tuberculose bovina e contra o sacrificio obrigatorio de animais sans e as indemnizacións de miseria” tiña lugar neste 10 de abril ás 12:30h. unha concentración diante dos edificios centrais da Xunta en San Caetano (Santiago), convocada polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL).

Entre outras demandas, o sindicato insiste en pedir unha solicitude de entrevista conselleiro do Medio Rural en funcións, José González Vázquez, e coa Subdirección Xeral de Gandaría, “para abordar unha problemática que está a causar graves perdas ás gandeiras e gandeiros galegos e incrementando a preocupación ante a incertidume dun posible contaxio e baleirado da explotación -estudos científicos confirman a presenza de tuberculose en reservorios salvaxes-. O caso da granxa de Palleirós vense a engadir aos detectados nos últimos meses, non é un caso puntual”, indican.

Así mesmo, o SLG di que observa “con consternación que a categoría indemne en tuberculose na Galiza -alcanzada precisamente grazas ás boas prácticas nas granxas- concede á actual Consellaría de Medio Rural unha posición privilexiada para xustificar ante Bruxelas a redución de inversións en saneamento gandeiro -a Xunta pasou do saneamento gandeiro anual a un cada tres anos-, a redución de inversións en reposición de animais mortos e a redución de inversións en compensación de lucro cesante. Estes recurtes págano logo granxas, que teñen que afrontar perdas por valor de milleiros de euros e agardar alomenos dous anos ata voltar producir a pleno rendemento”.

Dende o Sindicato Labrego Galego pídenlle a José González Vázquez “que deixe de mirar cara outro lado e faga o seu traballo, cumprindo ca responsabilidade de establecer dun diálogo directo inmediato co sector para abordar a gravidade do escenario actual”.

Artigos relacionados

Back to top button