SanidadeÚltima hora

Concentración en defensa do HPV e da Atención Primaria, este xoves ás 12h. no exterior do hospital

 

A Xunta de Persoal do Hospital Público de Valdeorras (HPV), no Barco, retomará mañá xoves as mobilizacións en defensa deste centro e chama á cidadanía a sumarse a elas. Farase unha concentración ás 12h. no exterior para “denunciar a situación deste hospital e da Atención Primaria” . A decisión tomábase nunha asemblea de traballadores do HPV, celebrada o 5 de abril e a intención é manter esta concentracióin de xeito semanal, cada xoves ás 12h.

“Non mellorou nada dende a manifestación do pasado 27 de novembro, a situación vense dexenerando”, aseguraba en rolda de prensa antes da Semana Santa o presidente da Xunta de Persol do HPV, Víctor Pariente, “como xa temos dito en numerosas ocasións, a situación deste hospital é estrutural, non é dunha especialidade soa”. Por iso continuarán reivindicando a incorporación de profesionais ao centro valdeorrés, entre outras demandas.

Artigos relacionados

Back to top button