ConcellosO BarcoÚltima hora

Concentración en solidariedade con Palestina no Barco

 

A Praza do Concello do Barco acollía ás 20h. deste martes 18 de maio unha concentración en solidariedade co pobo palestino ante a situación actual de conflicto con Israel. O acto, co lema “Galiza coa Palestina. Paremos o xenocidio!”, estaba convocado por unha plataforma galega de apoio a Palestina e o BNG de Valdeorras sumábase e secundaba a convocatoria. Preto de 50 persoas á asistían a concentración, entre elas estaba a deputada ruesa do BNG María Albert, o edil nacionalista no Barco Suso Vilasánchez e o concelleiro de Riada Cidadá, Félix García.

Ademais de no Barco, tamén estaban convocados actos semellantes este mesmo día e a esa mesma hora noutras 22 localidades galegas, entre elas as de Allariz, Celanova e Ourense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button