ConcellosO BarcoÚltima hora

Concentración, música e cine polo Día Internacional da Muller no Barco

 

O Concello do Barco vén de facer pública a programación con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Os actos previstos son os seguintes:

Do 2 ao 31 de marzo:

*Ciclo de cine “MULLERES NO CINE”: Coa colaboración do Cineclube Groucho Marx.

No horario habitual de cine, a excepción das proxeccións para os institutos, que terán lugar en horario de mañá, durante a semana do 8 de marzo.

Xoves 2 de marzo: SURO.

Luns, mércores e xoves 6, 8 e 9 de marzo: SIMONE.

Xoves 16 de marzo: A PEOR PERSOA DO MUNDO.

Xoves 23 de marzo: A CONSAGRACIÓN DA PRIMAVERA.

Xoves 30 de marzo: A AMIGA DA MIÑA AMIGA.

Mércores 8 de marzo:

Manifestación na Praza do Concello con motivo do día da Muller ás 12h.

Lectura de manifestos: por parte do alumnado dos institutos de secundaria do Barco: Martaguisela, Lauro Olmo e Divina Pastora

Actuación musical: Colaboración do Conservatorio de Música do Concello do Barco.

Micrófonos abertos a tódalas asociacións de mulleres

Declaración institucional do Concello.

Iluminación do Concello Vello.

Artigos relacionados

Back to top button