CulturaEducaciónÚltima hora

Concentración no Barco en defensa dun “ensino presencial con seguridade”

 

No marco da folga convocada polos mestres de ensino para reclamar unhas “medidas de seguridade reais e unha revisión do protocolo” fronte ao Covid nos centros educativos, tiña lugar unha concentración na praza do Concello do Barco este 10 de setembro ás 11:30h.

Os participantes portaban pancartas nas que podían verse consignas como “Menos ratio”, “Máis persoal” ou “Máis saúde”. Tamén nesta mañá se celebraban concentracións semellantes á mesma hora noutros puntos da xeografía galega como Ourense, Verín, Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo, entre outros.

Está prevista unha nova concentración deste tipo para o vindeiro 16 de setembro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button