SanidadeÚltima hora

Concentración no HCV a prol do emprego estable e de calidade na sanidade

Un dos momentos da concentración celebrada no Barco.
Un dos momentos da concentración celebrada no Barco.

A entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), no Barco, convertíase en escenario dunha concentración de diferentes grupos sindicais en defensa do emprego estable e de calidade na sanidade pública. En concreto reclamaban “a estabilización das plantillas e regularización de vacantes, así como o cese da política do encadeamento de contratos exiguos. Este tipo de política de contratacións é nefasta para o noso hospital e fai que profesionais que accederon a vir a traballar con nós marchen do hospital de Valdeorras por acadar con moitísima frecuencia contratos de maior duracion noutros centros”, indica Suso Vilasánchez, delegado sindical da CIG.

Con este mesmo tipo de demandas realizábanse concentracións en todos os hospitais galegos. Asemade nestas mobilizacións os sindicatos anunciaban unha nova concentración diante do Sergas para o día 28 de outubro e a solicitude dunha reunión co conselleiro de Sanidade para a vindeira semana.

Artigos relacionados

Back to top button