EconomíaEconomíaÚltima hora

Concentración para celebrar o 1º de Maio no Barco

 

“Agora máis que nunca é necesaria a acción sindical. Para reconquistar dereitos; para unha saída da crise galega e xusta; para cambiar o modelo produtivo; para apostar pola posta en valor do noso patrimonio natural, histórico, ambiental e cultural; para que o confinamento sexa unicamente sanitario, e non dos nosos dereitos; para parar os abusos das grandes patronais; en definitiva, para un reparto xusto da riqueza e da plusvalía que a clase traballadora xeramos”. Era a mensaxe que se lanzaba no mediodía deste primeiro de maio na concentración que a Confederación Sindical Galega (CIG) convocaba na praza do Concello do Barco con motivo da celebración do Día Internacional da Clase Obreira.

 

 

No decurso do acto líase un manifesto titulado “1º de Maio: Sindicalismo en tempos de pandemia”, que concluía indicidindo en que “hoxe conmemoramos unha data histórica e simbólica que en épocas como a que nos tocan vivir, adquiren un especial significado e que realza o papel do sindicalismo, con maiúsculas. O sindicalismo combativo e de clase que a CIG representa con orgullo”.

A convocatoria estaba tamén secundada polo BNG de Valdeorras, e entre as persoas asistentes á concentración, estaban, entre outros representantes nacionalistas, a concelleira ruesa e deputada galega María G. Albert, e o Roberto Quiroga, responsable do BNG en Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button