ConcellosO BarcoÚltima hora

Concentración silenciosa contra a violencia machista no Barco

 

A praza do Concello do Barco convertíase ás 12h. en punto deste luns 14 de xuño en escenario dunha nova concentración contra a violencia machista. Gardábase un minuto de silencio, tras o cal, o tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso, amosaba o pesar da sociedade barquense tras os recentes asasinatos, tanto os das menores Anna e Olivia como o de Rocío.

Alonso incidía tamén na importancia da concienciación e da educación para poder loitar contra este tipo de violencia. Con este acto o Concello do Barco secundaba a convocatoria realizada a nivel estatal dende a Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) “polos 41 nenos asasinados desde 2013 por violencia machista e polas 1.096 mulleres mortas desde 2003 por violencia machista”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button