Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Concentración veciñal ante o Centro de Saúde Rubiá para pedir “a restitución da segunda praza de médico”

Un cento de persoas participaban neste acto reivindicativo, celebrado na tarde do 4 de maio, que continuará o primeiro sábado de cada mes mentres non se lle dea resposta a esta demanda

A mediados de abril os veciños de Rubiá acordaban nunha asemblea realizar cada primeiro sábado de mes unha concentración xunto ao Centro de Saúde desta localidade co fin “de manifestar a súa disconformidade e malestar coa postura que mantén dende fai 6 meses o SERGAS, de non restituir” a segunda praza de médico neste concello.

A primeira destas concentracións, convocada pola Plataforma Rural en Extinción, tiña lugar na tarde do sábado 4 de maio coa participación dun cento de persoas. Os convocantes consideran moi positiva esta participación “por parte dos veciños que acudiron á xuntanza”, e agradeceron a súa presenza, ademais de amosar a “vontade de seguir loitando por recuperar o servizo eliminado”.

A intención da plataforma é continuar coas concentracións no Centro de Saude o primeiro sábado de cada mes “mentres non se restitúa a praza do médico”, seguindo o acordo tomado na asemblea. Con este tipo de iniciativas a plataforma tamén pretende “poñer o foco na perda de servizos no rural galego”.

Fotos cedidas polos convocantes.

Artigos relacionados

Back to top button