CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Concerto das Letras” do Conservatorio e da Escola de Música do Barco

 

A música é outro dos ingredientes do programa co que este ano se celebran as Letras Galegas no Barco. Ás desta tarde comezaba no Teatro Lauro Olmo do Barco o primeiro “Concerto das Letras” do Conservatorio e da Escola de Música do Barco.

O programa, no que se entrelazaban música e poesía, era o seguinte:

– O CEGO DE PUMARDEDÓN (Francisco Fernández del Riego) recita: Sabela López
– ALBORADA DE PONTECALDELAS Cancioneiro de Casto San Pedro
Paulo Vázquez (gaita galega) José Romero (piano)
Segunda sección (obras con voz e acompañamento, Arr. Diego Fernández)
Diego Fernández (voz), Carmen Sotelo (violoncello), Lorena Blanco (piano e contrabaixo), Leopoldo Borrajo (Violín) Manuel Sardón (baixo eléctrico), José Manuel Mosquera (clarinete).
– EU CANTAR CANTAR CANTEI Rosalía de Castro
– VALDEORRAS Florencio Delgado Gurriarán
-ONDAS DO MAR DE VIGO Martín Codax
– NEGRA SOMBRA Rosalía de Castro Francisco Fernández del Riego desempeñou un papel clave na vinculación entre o universo do exilio e a Galicia do interior. Foi precisamente na Arxentina onde publicou o seu primeiro libro e outros como Danzas populares gallegas (1950) ou Galicia no espello (1954). Ao mesmo tempo, escribe con regularidade na revista Galicia, órgano do Centro Gallego de Buenos Aires, e na revista Galicia Emigrante publicaría artigos, comentarios e outras colaboracións. Prepara, igualmente, a pedimento do propio Centro Gallego bonaerense, a edición da Obra completa de Ramón Cabanillas (1959) e unha escolma dos traballos xornalísticos de Antón Villar Ponte publicados baixo o título de Pensamento e sementeira (1971)

– ESTUDIO Nº 4 PIAZZOLLA (Poema, cantiga do neno da tenda)
Alicia Trincado (saxofón alto) Judit Rodríguez (piano) recita Diana R. Ramos
– GRUPO FOLK
Antía Tato (piano e teclados), Nicolas Rodríguez (piano e teclados), Iria Bárbara Rodríguez (saxofón alto) Paulo Vázquez (gaita galega), Rubén González (gaita galega), Javier Fernández (frauta e gaita galega) Carlota Marra (trompeta), Xoel Marra (tuba) Manuel Prada (percusións e dirección)
– ALUVEIRE Manuel Prada
– BÁGOAS NA BRÉTEMA Emilio Mesías (poema O ourizo, recita Guti González)
– POLCA DE VILAGARCÍA Os Campaneiros de Vilagarcía

Artigos relacionados

Back to top button