CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Farsantes e paella nunha nova proposta dos ‘Tardeos’ no Bravo Lux, na Rúa

Será este sábado 11 de maio a partir das 21 horas

 

Unha nova proposta dos ‘Tardeos’ chega este sábado 11 de maio á Rúa da man do Bravo Lux. Nesta ocasión chega o grupo ourensán Farsantes que dará un concerto ás 21 horas con paella para a clientela durante a velada.

Farsantes está composto por Toño Varela (guitarra e voz) e David Quintas (guitarra e coros) que fai un repaso en acústico dos clásicos do pop rock, incluíndo temas de música moderna. No repertorio de case dúas horas poderase atopar desde Mediterráneo de Serrat ou temas de Juan Perro ata versións de formacións máis modernas como Morgan, Leiva ou Fito e Fitipaldis. Un repertorio feito cunha enerxía que non pasará desapercibida para o público que se achegue.

 

Artigos relacionados

Back to top button