CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Gloria Novoa e Francisco Liberona no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

 

Con música vén de encetarse neste sábado o programa do “Verán Cultural” de Parada de Sil. E o lugar escollido para facelo era o Mosteiro de Santa Cristina, onde se daban cita numerosas persoas para asistir ao fermoso concerto de Gloria Novoa (voz) e Francisco Liberona (guitarra), que comezaba ás sete da tarde.

A seguinte cita cultural, neste mesmo escenario será a peza “Odiosa” de Claudia Alfaya, prevista para o vindeiro 13 de xullo ás 19h.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button