CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Jay Doe & The Blues Preachers o 19 de abril no Barco

Esta banda actuará a partir das 23:30h. no Café Teatro Bajo 5

Cedida.

 

A terraza do Café Teatro Bajo 5 do Barco acollerá a partir das 23:30h. do venres 19 de abril un concerto de Jay Doe & The Blues Preachers, unha banda que desprega un espectáculo baseado en potentes versións de clásicos do blues eléctrico, soul e rhythm & blues.

Esta banda está formada por Javier Casal “Jay Doe” (voz e guitarra), Lucas Fernández (guitarra), Alexandre Carrero (baixo eléctrico), Ramón Figueira “Figui” (harmónica) e polo vilamartinés Manuel Ares (batería).

O concerto no Barco é de entrada gratuíta.

 

Artigos relacionados

Back to top button