Na véspera da XX Festa do Botelo, o grupo galego Milladoiro actuará no Teatro Lauro Olmo do Barco. Este concerto está previsto para o venres 17 de xaneiro ás 21h. Neste concerto esta coñecida formación musical presentará o seu último disco: Atlántico (2018).
As entradas ao concerto, cun prezo de 10 euros, xa están á venda en TonySon.