CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Primavera do Orfeón Valdeorrés, o 27 de abril no Barco

Actuación do Orfeón Valdeorrés./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Como vén sendo habitual por esta época do ano, o Orfeón Valdeorrés, que dirixe José Ramón Mansilla, celebrará o próximo día 27 de abril ás oito da tarde no Teatro Olmo do Barco, o seu festival de primavera. Nesta ocasión contarase con dous coros invitados: o Orfeón Castrillón, de Castrillón (Asturias) e a Coral Polifónica San Roque de Vigo.

 

 

“Ambos coros traerán un repertorio variado co que esperamos poder satisfacer os distintos gustos musicais do noso público. Confiamos en poder contar coa asistencia dos nosos veciños do Barco, eles son sempre a maior recompensa ao noso traballo”, explica a presidenta do Orfeón Valdeorrés, Luisa Álvarez.

Artigos relacionados

Back to top button