CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Verán do Orfeón Trivés, o venres 23 de agosto

Nel tamén actuará a Coral El Bierzo Canta e terá lugar ás 19:30h. no Auditorio da vila

O Orfeón Trivés nun concerto no Auditorio Xulio Vázquez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende cancións galegas ata habaneras formarán parte do repertorio do que o público poderá desfrutar na tarde do 23 de agosto no Concerto de Verán do Orfeón Trives, no que se contará tamén coa participación da Coral El Bierzo Canta. A actuación, na que cada formación interpretará seis temas, comezará a partir das 19:30h. no Auditorio Julio Vázquez de Trives.

Así o Orfeón Trivés, que dirixe Sandra González, cantará pezas como “Ruada de chamosa”, “Torrevieja”, “Te quiero”, “Popurri galego”, “Negra sombra”, “No niño novo do vento” (harmonizada para o Orfeón Trivés pola súa directora) acompañada pola gaiteira Rocío Fernández Prieto.

Pola súa banda, a Coral El Bierzo Canta interpretará “Peregrino de la noche”, “Bello ángel mío, habanera” ( Luis Olano Arias), “Una lágrima, habanera”, “Nerea izango zen”, “Velai vai” (popular galega) e “Gobbo so pare” (tarantela popular italiana).

 

Back to top button