ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Concerto do grupo de acordeonistas Airiños da Porta Falsa en Manzaneda

 

Con música vén de encentar o seu prorama da Nadal o Concello de Manzaneda. Esta tarde o Centro de Día da vila acollía un concerto do grupo local de acordeonistas Airiños da Porta Falsa. A seguinte cita das actividades festivas neste municipio será tamén musical e está prevista para o 28 de decembro no mesmo Centro de Día. Trátase de actuacións de música e baile tradicional das pandereteiras Quinchousa Oscura, a asociación de baile A Pinguela  grupo de gaita e percusión. Ademais agárdase a visita do Pandigueiro, un personaxe mítico do Nadal no Macizo Central Ourensán.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button