OurenseÚltima hora

“Concerto Familiar” a favor dos dereitos da infancia, o 18 de novembro en Ourense

 

O vindeiro sábado 18 de novembro a partir das seis e media da tarde, celebrarase na sede da Fundación Obra Social Abanca, en Ourense, un “Concerto Familiar” a favor dos dereitos da infancia.

Organizado por PEstudio (Periodismo y Comunicación Social) o festivial conta coa colaboración de dous pianistas, a galega Gema Arias e o francés Vincent Tohier que tocarán a catro mans. Ademais, como vén sendo habitual nestas ocasións, aproveitarán para sensibilizar sobre os nenos e nenas que  crecen no sistema de protección (acollemento familiar, residencial, adopcións, persoas menores de idade non acompañadas, adolescentes que cumpren algunha medida de prisión,…). Por iso, “falaremos do noso traballo de investigación periodística cos libros Dónde está el interés superior del Niño; El laberinto de Olivia y Julia y El Día que me quieras e o documental Vidas invisibles“, adiantan dende PEstudio.

A entrada é gratuída e poden reservarse entradas a través do whatsapp: 644 962 757. “A sala ten capacidade para case 200 personas e o obxectivo é enchela para que ese día, os nosos nenos e nenas e os seus familiares, sexan os protagonistas dun evento organizado para eles”, din dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button