CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Concertos de fin de curso das Escolas Musicais de Viana os días 25 e 26 de xuño

 

Co fin de compartir e amosar o traballo realizado ao longo deste curso de Escolas Musicais, o seu alumnado ofrecerá un concerto de fin de curso ao aire libre durante as tardes do 25 e 26 de xuño. Así a primeira das citas,  día 25, terá lugar ás 20:30h. cun pasarrúas de gaitas e saxofóns con saída dende a rotonda do Boteiro e que concluirá na praza Maior.

Ademais, para o 26 de xuño ás 20:30h. está programado un concerto de guitarra na Praza Maior da vila.

Artigos relacionados

Back to top button