ConcellosLaroucoÚltima hora

Conclúe a obra da nova senda peonil na OU-636 entre Freixido e A Caseta (Larouco)

A intervención supuxo un investimento de máis de 20.000 € e completa a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade executada nos núcleos de Larouco e da Caseta

 

Vén de rematar a execución das obras da nova senda na estrada OU-636, entre Freixido e A Caseta, no concello de Larouco. “Mediante esta nova intervención de conservación e mellora da mobilidade, á que se destinou un investimento autonómico de máis de 20.000 euros, complétanse as actuacións de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade realizadas o pasado ano nesta mesma vía autonómica, nos núcleos de Larouco e da Caseta”, segundo informa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

En concreto, actuouse en dous treitos en ambas as marxes da OU-633. Na marxe dereita habilitouse unha senda de formigón de 160 metros de lonxitude e ancho de 2,50 metros, no treito situado entre os puntos quilométricos 19+920 e o 20+080.

 

 

Ademais, executouse outro itinerario das mesmas características na marxe esquerda, á altura da caseta do servizo de Conservación de Estradas da Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button