Vén de rematar en Santiato de Peñalba (León) o intercambio xuvenil internacional, promovido pola Asociación Xuvenil Valdeorras Vive a través do programa Erasmus+. O encontro, que resultou todo un éxito, desenvolvíase do 21 ao 26 de outubro, tendo como eixo temático o emprendemento xuvenil no rural. Esta actividade de convivencia internacional contaba coa participación dun total de 12 mozos, 6 deles de Estonia e os 6 restantes de Valdeorras e do Bierzo.
A convivencia foi todo un éxito, 12 participantes, a metade dende Estonia e a outra do Bierzo e Valdeorras. Incluía obradoiros de inglés, actividades ao aire libre e casos prácticos reais nun ámbito de educación non formal, ademais de visitas aos entornos máis emblemáticos do Bierzo.
Este intercambio é un proxecto Erasmus+ de Valdeorras Vive xunto a Ethos MTÜ, coa colaboración do Ayuntamiento de Ponferrada e a Fundación Hospital de la Reina, a través do Espacio Genadii.
Fotos: Valdeorras Vive.