DeportesÚltima hora

Conclúe o IV Campus de Voleibol Carolina Camino de Quiroga

 

A área de deportes do  Concello de Quiroga poñía punto final este mediodía ao IV Campus de Voleibol deste municipio que leva o nome da xogadora quiroguesa Carolina Camino. O campus desenvolveuse dende o pasado luns  ata hoxe venres no pavillón municipal e tamén nas piscinas municipais onde remataba diariamente.

Preto dunha trintena de rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 6 aos 16 anos participaron nesta iniciativa deportiva baixo as ordes de varios adestradores do Quiroga e do Ribeira Sacra.

Os participantes remataban este venres a actividade deportiva cunha merenda nas piscinas municipais e coa entrega por parte do Concelleiro de Deportes, Antonio Marcos Prieto, e do Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, da foto oficial.

Artigos relacionados

Back to top button