ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Concorrida concentración de Estandartes e Cruces antes da procesión do Cristo, no Barco

 

Por segundo ano consecutivo e tal como estaba previsto, pasadas as 11:30 horas deste xoves 14 de setembro, día grande das Festas do Cristo, no Barco de Valdeorras, tiña lugar a concentración na praza de San Mauro das Cruces e Estandartes de todas as parroquias da Unidade Pastoral, unha iniciativa introducida polo párroco do Barco, Jesús Álvarez, a que lle dá moita importancia.

 

 

Foi unha vistosa xuntanza con numerosos e fermosos estandartes e cruces como o de San Xosé de Candeda, Santiago de Forcadela, Biobra, Rubiá (Virxe do Camiño e Santa Mariña), Santa Mª de Sobradelo, o Nazareno do Barco ou o Pai Eterno de Lardeira, entre outros moitos.

A imaxe do Pai Eterno tamén estaba este ano, sendo a convidada a acompañar ao Nazareno polas rúas do Barco durante a longa e multitudinaria procesión.

 

Imaxe do Pai Eterno de Lardeira.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button