SanidadeÚltima hora

Concorrida e animada andaina solidaria do Colexio Divina Pastora do Barco a favor da AECC

 

Continúan os actos en favor da Asociación Española Contra o Cancro en Valdeorras. Nesta ocasión viña da man do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco que na tarde deste martes 21 de novembro celebraba unha concorrida e animada andaina solidaria.

 

 

Dende o patio do centro e co acompañamento de familiares, profesores e voluntarios, pasadas as 15:15 horas comezaba a andaina que levaría aos estudantes por boa parte da vila. Os de Educación Infantil volvían ao chegar ao aparcadoiro do Tanatorio de Santa Rita; os de 1º, 2º e 3º continuaban, pasando polo Malecón e rúas como Real e San Mauro ata regresar de novo ao  colexio; e os do 2º ciclo de Primaria e ESO completaban unha ruta duns 4 quilómetros cruzando pola pasarela e regresando por Viloira.

 

 

Membros da Asociación Española Contra o Cancro de Valdeorras encabezaban a andaina logo de ter no patio do colexio unha mesa informativa. Antes de saír, a presidenta Gloria Pérez daba as grazas ao colexio “por organizar esta andaina como complemento ao Día Mundial da Loita Contra o Cancro de Mama” así, como a todos os participanes (as familias colaboraron coa asociación aportando un donativo totalmente voluntario), asegurando que a recadación “será entregada para a investigación da metástase no cancro de mama; e para o apoio psicolóxico e social dos afectados e familiares que están pasando pola enfermidade”, dixo emocionada e agradecida.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button