
O desfile do Domingo Gordo e unha festa infantil de disfraces centra cada ano a programación do Entroido no Concello de Rubiá. Este ano a pandemia impediu a celebración de ámbalas dúas actividades pero dende o Concello non quixeron deixar aos nenos sen a súa festa así que argallaron unha alternativa para celebrar un Entroido seguro.
Así, aqueles nenos que quixeron participar mandaron ao Concello a súa foto disfrazados. En total participaron 25 cativos e as imaxes están expostas na porta da entrada da Casa da Cultura. A entrega dos agasallos por participar será durante estas datas de festa e a domicilio para evitar riscos.
