SanidadeÚltima hora

Concurso de méritos sen exame para optar a 21 prazas de médico de Atención Primaria na provincia

Exterior do Centro de Saúde do Barco.

 

Mañá martes remata o prazo para optar ás 21 prazas de persoal médico de Atención Primaria en Ourense, dun total de 106 en toda Galicia, nun proceso selectivo que, a diferenza doutras ofertas públicas de emprego, será só pola vía de concurso de méritos, sen exame previo, para facilitar a incorporación urxente nesta nova categoría, creada polo Servizo Galego de Saúde para dar resposta o grave déficit de profesionais de medicina de familia.

“Esta será primeira convocatoria para acceder á condición de persoal fixo desta categoría, cun salario de 65.000€ anuais, trala súa creación o pasado mes de decembro, como medida extraordinaria e urxente da Xunta de Galicia en resposta a alta previsión de xubilacións, nos próximos cinco anos, así como ás vacantes sen cubrir actualmente, o que traza un futuro próximo onde a remuda xeracional non está garantida, incluso pese ao incremento das prazas de formación ofertadas os últimos anos, en medicina familiar e comunitaria, máxime tras as vacantes MIR deste ano nesta especialidade”, asegura o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button