CulturaCultura

Concurso fotográfico e exposicións no Espazo Xove de Chantada

A sala acollerá, do 27 de novembro ao 22 de decembro, unha exposicion coas fotografías participantes

Exposicións, curso de fotografía dixital con Photoshop e un concurso fotográfico. Son as actividades organizadas polo Espazo Xove de Chantada (Lugo), no marco do Outono Fotográfico.

No concurso fotográfico, cuxo prazo de admisión de imaxes remata o día 22 de novembro, poden participar todas as persoas que o desexen sendo libre o tema do concurso, aínda que “haberá un premio especial para a mellor fotografía que teña como tema os libros e a lectura”, tal como se explica nas bases. Establécense ademais tres premios: unha cámara dixital para o primeiro, unha tablet para o segundo e unha memoria USB para o terceiro, que serán entregados nun acto que terá lugar no Espazo Xove no mes de decembro.

As fotografías participantes no concurso formarán parte da terceira exposición do Outono Fotográfico no Espazo Xove de Chantada que permanecerá aberta do 27 de novembro ao 22 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button