CulturaCulturaÚltima hora

Conferencia de Isidro García Tato sobre o viño na Idade Media na actual D.O. Valdeorras

Terá lugar o vindeiro venres 29 de novembro ás 20h. na Biblioteca do Barco

 

O investigador valdeorrés Isidro García Tato./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Sobre o viño na Idade Media na actual Denominación de Orixe Valdeorras falará o vindeiro venres 29 de novembro o investigador valdeorrés Isidro García Tato. Esta conferencia terá lugar ás 20h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.

Esta actividade forma parte do ciclo divulgativo sobre a cultura vitivinícola que está a desenvolver neste outono o Museo do Viño de Galicia, neste caso en colaboración co CRDO Valdeorras, co Concello do Barco e co Instituto de Estudios Valdeorreses.

 

Artigos relacionados

Back to top button