“Lendas da Raia” será o título da conferencia que impartirá o investigador, escritor, etnógrafo José Lamela Bautista o vindeiro 29 de xullo na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín. Nela fará un percorrido polas lendas da bisbarra de Monterrei ata chegar a zona da “raia” do Xures. Nun principio, a súa intervención estaba previsto para o 22 de xullo, pero a data tivo que aprazarse.
Nesta conferencia, Lamela Bautista estará acompañado polo etnógrafo José Rodríguez Cruz, natural da veciña comarca de Conso-Frieiras, en A Gudiña. É autor de varios libros como “Terras das Frieiras” (no que fai un percorrido pola historia e a cultura da zona limítrofe de Ourense con Portugal e Zamora) e “Así falan na Gudiña ou Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca”, entre outros.