
O venres, 9 de decembro, ás 19:30 horas, no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña terá lugar unha conferencia sobre Florencio Delgado Gurriarán, “Das praias de Francia ao exilio mexicano”, que impartirá o investigador valdeorrés Telmo Fernandes Gonçalves. Esta actividade será organizada por Valdeorras Infinda en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Nado no Barco de Valdeorras, Telmo Fernandes é Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Vén de realizar tamén un “Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea”, do que saíu a Memoria de Investigación -dirixida por Ramón Villares Paz- que leva por título “O exilio mexicano a través de Florencio Delgado Gurriarán”.
Na súa palestra, Telmo Fernandes Gonçalves analizará a importancia e a actuación de Florencio Delgado Gurriarán dentro do galeguismo, seguindo a evolución da súa vida e obra política enmarcada no contexto do nacionalismo galego.