CulturaCulturaÚltima hora

Conferencia do xornalista Jesús Cintora en Trives, o 21 de agosto

Será ás 20:30h. no auditorio e neste acto tamén presentará o seu novo libro

O xornalista Jesús Cintora./ Foto: O SIL.

 

O xornalista e presentador Jesús Cintora estará a próxima semana na Pobra de Trives para ofrecer unha conferencia e presentar o seu libro “El precio de la verdad”. O acto terá o auditorio Xulio Vázquez como escenario, o mércores 21 de agosto a partir das 20:30 horas. Será unha das propostas culturais da programación para a segunda quincena de agosto, que inclúe actividades para todos os públicos.

Este é programa para os próximos días:

O mércores 21 de agosto Jesús Cintora ofrecerá unha conferencia no Auditorio Xulio Vázquez, a partir das 20:30 horas.

O Torneo de Fútbol Sala arrancará o 22 de agosto.

As Festas de Bartolomé tamén encherán de música e actividades a vila da Pobra de Trives e para o 23 de agosto agárdase o concerto do Orfeón Trives e do Coro del Bierzo Canta, no Auditorio Xulio Vázquez dende as 19:30 horas. A orquestra América de Vigo actuará na rúa San Martín ás 23 horas.

O sábado 24 de agosto a xornada arrancará cos pasarrúas e para a tarde organizouse a carreira de San Bartoliño. As inscricións deberán facerse a partir das 16:30 horas na Praza de Abastos e haberá catro categorías: prebenxamín (de 4 a 8 anos), benxamín (de 8 a 10 anos), alevín (de 10 a 12 anos) e infantil (de 12 a 14 anos). Todos os participantes levarán a súa medalla. Pola noite, a partir das 21:30 horas, a orquestra Galilea actuará na Rúa San Martín.

A animación continuará o domingo 25 de agosto con pasarrúas e, a partir das 18:30 horas, proxectarase a película “Valentina” no auditorio Xulio Vázquez. Pola noite atuará o grupo Arizona na Praza do Reloxo. Nesta xornada tamén se organizou o Día da Bici, que cambia de data para achegarse máis á Volta Ciclista a España e que contará con dous percorridos dende a Praza do Concello.

O luns 26 de agosto, ademais da música polas rúas programouse, dende as 17 horas, unha ludoteca con inchables e festa das escuma no patio de Santa Leonor.

Unha foliada polas rúas da vila agárdase para o mércores 28 de agosto cos grupo de gaitas da bretaña francesa Bagad Treguier, Dos Trintas de Trives e Bico da Balouta de Agolada.

O mes de agosto pecharase cunha importante cita deportiva, xa que a etapa 12 da Volta Ciclista a España pasará o xoves 29 por Trives e o Parque Volta instalarase na Finca da Barreira de 16:30 a 20:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button