En portadaSanidadeÚltima hora

Conferencia do oncólogo vilamartinés Rafael López, no Barco

Falará o 10 de marzo ás 20h. no edificio multiusos da vila sobre a campaña de micromecenazgo “Biopsia líquida”

 

O doutor Rafael López./ Foto: Carlos G. Hervella.

A finais de xaneiro o grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (Oncomet), do que forma parte o doutor valdeorrés Rafael López, iniciaba na provincia unha serie de accións de difusión para achegarlle información aos cidadáns sobre a súa investigación sobre a biopsia líquida.

Nese marco sitúase a conferencia que este oncólogo vilamartinés impartirá o vindeiro 10 de marzo ás 20h. no salón de actos do edificio multiusos do Barco. Na súa intervención falará sobre a campaña de micromecenazgo “Biopsia líquida. Galicia na vangarda da investigación oncolóxica”.

O doutor Rafael López (Vilamartín, 1959) leva décadas investigando e tratando o cancro. Tras formarse como médico en Madrid, facía a especialidade en Asturias, onde comezaba a exercer a profesión. Despois pasaba por hospitais de cidades como Amsterdam (Holanda), Pamplona e Vitoria ata que en 1998 se incorporaba ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), onde continúa como xefe do servizo de Oncoloxía.

Artigos relacionados

Back to top button