ConcellosÚltima hora

Conquistando padais cunha nova experiencia enogastronómica da Ruta do Viño de Valdeorras

 

Cunha moi positiva resposta poñíase en marcha na pasada noite no Pazo do Castro (O Barco) a nova proposta enogastronómica promovida pola Ruta do Viño de Valdeorras para esta primavera na comarca. “A oferta gastronómica de Valdeorras é un valor para ter moi en conta, por iso convidamos a gozar de dúas experiencias fantásticas e únicas a través de ceas-maridaxe que ofrecen os nosos restaurantes asociados, que acompañados dos viños de dúas adegas de Valdeorras satisfarán a calquera padal”, explica a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras.

Así unhas 40 persoas desfrutaban a primeira destas ceas-maridaxes o 26 de marzo a partir das 21:30 no Hotel Restaurante Pazo do Castro cun completo menú composto por tres aperitivos, un entrante, un peixe, unha carne e unha sobremesa (a un prezo de 40 €/persoa). A través del podíase gozar “dunha perfecta combinación de cores, aromas e sabores, que se acompañabab dos viños da adega Alan de Val”, informa a organización.

 

A responsable do Pazo do Castro co representante da adega Alán de Val.

 

A esta experiencia enogastronómica daráselle continuidade con dúas novas citas o vindeiro mes: o 22 de abril xunto coa adega Terriña no Complexo Hostaleiro Paladium de Vilamartín e o día 2 de abril xunto coa adega Roandi, tamén no Pazo do Castro.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button