DeportesÚltima hora

Conta atrás para a 12ª Carreira Popular Solidaria do Turrón no Barco

Esta cita deportiva, festiva e benéfica terá lugar na tarde do 22 de decembro
Imaxe dos participantes da pasada edición da carreira, antes da saída./ Foto: A.R.

Se mantén a liña de anteriores edicións, a 12ª Carreira Popular Solidaria do Turrón do Barco podería batir un novo récord de participación. Esta cita festiva, deportiva e benéfica constitúe xa toda unha referencia no Nadal na vila. Nesta ocasión celebrarase na tarde do sábado 22 de decembro. Os primeiros en tomar a saída serán os máis pequenos, cunha carreira que comezará ás 17:30h. dende a Fonte da Ra.

Media hora despois será a saída da proba popular, xa dende a praza Andrés de Prada. O número de voltas, como noutras ocasións, será voluntario (1, 2 ou 3) e poderán realizarse andando ou correndo. Haberá premios individuais e tamén colectivos e, ao final, ofrecerase aos participantes unha chocolatada con biscoitos, seguida dun sorteo de produtos de Nadal.

As inscricións poden realizarse no teléfono 988 320202 ou no 3º andar do edificio multiusos do Barco (de 9 a 14:30h.). Ademais esta carreira, que organiza a Concellería de Deportes barquense, incluirá unha recollida de alimentos non perecedoiros, que serán doados ao Banco de Alimentos.

Artigos relacionados

Back to top button