CulturaCulturaÚltima hora

Conta atrás para a 28ª Semana de Cine do Barco

Do 24 de agosto ao 3 de setembro proxectaranse no Teatro Lauro Olmo quince películas distribuídas en tres ciclos: cine español, infantil e de actualidade

 

Cartel desta nova edición da Semana de Cine no exterior do Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

 

Xa se coñece o programa da 28ª Semana de Cine do Barco, unha iniciativa promovida dende o Cine Club Groucho Marx coa colaboración do Concello. Do 24 de agosto ao 3 de setembro uns quince filmes, distribuídos en tres ciclos (cine español, infantil e de actualidade), proxectaranse no Teatro Lauro Olmo do Barco. As entradas do ciclo de cine infantil estarán patrocinadas polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) como en anos anteriores.

O programa incluirá tamén unha homenaxe a tres salas de cine do Barco “na época gloriosa”: Colón, Emperador e Monunental. Ás tres dedicaráselles unha butaca no auditorio barquense. Ademais poderá visitarse a mostra de carteis de cine “Máis dunha ollada” do salmantino Ricardo-Cavolo. No marco da semana tamén se presentará un libro sobre o Camiño de Inverno.

 

Artigos relacionados

Back to top button