En portadaÚltima hora

Conta atrás para a Pasarela de Moda O Barco Centro Comercial Aberto

O desfile, presentado por David Amor e que contará cun cento de modelos, comezará esta tarde ás 20h.

 

A organización da Pasarela de Moda O Barco Centro Comercial Aberto ultima os detalles deste desfile que comezará ás 20h. deste sábado 15 de abril na rúa Academia Dequidt da vila contando co actor, humorista e modelo galego, David Amor como presentador.

A partir desa hora un cento de modelos de todas as idades, veciños e veciñas da zona e de fóra da comarca, subiranse á pasarela coas novidades do sector téxtil e complementos da tempada primavera/ verán.

En total, serán dezaseis comercios asociados ao CCA O Barco os que se suman ao evento: Baamonde, Can Can, Eneska, Garoba, Miranda X, Multiópticas Valdeorras, N 37, Pizpireta, Ton e Son, e Trios 2.0; en moda e complementos de adulto. E Casabella, Doce Bebé, Koki, Marylebone, e Ou Bambán dous Sorrisos, xunto a Modas Toño; en moda e complementos infantís.

Ademais, esta edición da Pasarela de Moda contará coa actuación do grupo de versións Broken Peach.

Esta actividade promocional, unha das máis importantes do programa do CCA O Barco, está subvencionada integramente pola Deputación de Ourense e conta coa colaboración e o apoio do Concello do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button