
O céntrico Paseo do Malecón barquense volverá converterse na tarde deste 11 de setembro nun circuíto nacional de atletismo. Tras unha paréntese de dous anos, O Barco recuperará a partir das 18h. a súa Milla Urbana, proba de alto nivel (incluída no calendario da Real Federación Española de Atletismo), pero tamén aberta a corredores de todas as categorías (dende meniños de meses ata veteranos) para compartir unha xornada moi especial de festa e deporte.
Os horarios das competicións serán os seguintes:
O Club Adas contará cunha ampla representación nas diferentes categorías e tamén nas carreiras absolutas, onde de novo volverá competir, entre outros atletas, Solange Pereira, que leva xa 10 vitorias nesta proba de atletismo valdeorresa.