OurenseÚltima hora

Conta atrás para o XX aniversario do Festival Internacional de Blues Teatro Principal de Ourense

Celebrarase os días 6 e 7 de outubro a partir das 22 horas

Susan Santos.

 

Neste 2023 o Festival Internacional de Blues Teatro Principal de Ourense celebra o 20 aniversario, unha ocasión especial, adicada ao lendario vocalista e pianista invidente norteamericano Ray Charles que contará cun “elenco de diferentes estéticas musicais e máis protagonismo feminino que en edicións anteriores desexando sexan do gusto de todos os afeccionados/as ao Blues e o Jazz”, adiantan dende a organización.

O XX festival celebrarase os días 6 e 7 de outubro a partir das 22 horas. A primeira velada abriráa a dama do blues, a cantante e guitarrista zurda estremeña, Susan Santos en formato de power trio e unha proposta que mestura blues, rhythm´n´ blues e americana. A de Ourense será a sá única actuación en Galicia.

 

Thorbjorn Risager & The Black Tornado.

 

A continuación, tras una breve pausa actuarán Thorbjorn Risager & The Black Tornado. Este sexteto danés, con máis de 20 anos de traxectoria e máis de 2.000 concertos por toda Europa, Canadá, Estados Unidos e Asia, é na actualidade “unha das bandas europeas máis aclamadas en todo o mundo pola súa dinámica posta en escena e un sólido repertorio a base de blues, rhythm´n´blues, soul, rock e jazz”, tal como destacan dende a organización do festival. A actuación no Teatro Principal de Ourense será a primera e única en Galicia.

 

Tui Higgins & Xavier Monge (Jazz Project).

 

A noite do sábado abrirana Tui Higgins & Xavier Monge Jazz Project. O quinteto presentará por primera vez en Galicia o seu espectáculo Cecilia Revisited, unha homenaxe en clave de jazz ao legado musical de Cecilia, “unha das nosas cantautoras máis queridas e ao mesmo tempo menos coñecidas pola súa curta traxectoria profesional (1966-1976), truncada nun tráxico accidente de estrada aos 27 anos de idade”, explican dende o festival.

 

Jimmy Barnatán & The Cocooners.

 

A clausura do XX Festival Internacional de Blues Teatro Principal de Ourense correrá a cargo de Jimmy Barnatán & The Cocooners. Co corazón dividido entre Santander e Nova York, Jimmy Barnatán é un artista multidisciplinar, compositor, cantante, actor, cineasta e escritor. Tras unha traxectoria de 20 anos como vocalista de blues, 8 álbumes publicados e más de 1.500 concertos en todo tipo de locais e nos festivais de blues mas importantes de España “converteuse nunha das voces máis singulares do xénero”, din dende a organización.

Venda de entradas: www.teatroprincipalourense.com

Artigos relacionados

Back to top button