CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Contacontos e obradoiros para o público infantil, na Biblioteca Municipal do Barco

Uns corenta cativos participaron na actividade creativa “A galiña dos ovos de conto”

O progama “Ler conta moito” chega á Biblioteca do Barco de Valdeorras. Na tarde do 12 de setembro uns corenta cativos dende os tres anos, acompañados polos seus pais, participaban nunha orixinal actividade creativa titulada “A galiña dos ovos de conto”, a medio camiño entre a literatura e a plástica, a narración e o obradoiro. Coa axuda da “galiña Rosiña” e ao longo de algo máis dunha hora, os nenos elaborararon bonecos (a partires de fariña e auga tinguida) dos personaxes dun conto que eles mesmos inventaron.

O programa de lectura volverá recalar no Barco no mes de outubro. Nesa ocasión será da man dun contacontos musical para bebés (ata 3 anos) titulado “Onde está o vento?” que se realizará para conmemorar o Día da Biblioteca, o día 24 ás 11:30h.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button