EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Continúa a apertura de terrazas na Rúa

 

A contagotas. Moi pouco a pouco vai volvendo á actividade o sector hostaleiro na Rúa. Polo menos nas terrazas, o único servizo permitido nesta fase 1 da desescalada, debendo manter as medidas de seguridade e hixiene establecidas por Sanidade.

As primeiras abrían xa o pasado luns 11 de maio e unha semana despois (na xornada deste luns 18) facíano outras poucas. Con todo, seguen sendo moitos os bares e cafeterías que permanecen pechados polo momento. Algúns incluso pode que non abran ata que lles permitan atender dentro do local.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button