ConcellosO BarcoÚltima hora

Continúan os cortes en árbores no Barco, agora na rúa da Estación

 

Nun principio eran as árbores situadas na praia fluvial do Malecón do Barco. En varias ocasións, a finais de xuño e a mediados de xullo, aparecían taladas ou danadas con cortes. Ante este feito o Concello do Barco anunciaba que se ía presentar denuncia no Cuartel da Garda Civil do Barco tras os destrozos rexistrados en catro árbores situadas na Praia Fluvial co Paseo do Malecón, e outra á altura das piscinas municipais, tamén na marxe do río.

 

 

Nesta semana son as árbores situadas en céntricas vías da vila, como acontecía na avenida Conde Fenosa e, hoxe mesmo, na rúa da Estación xusto á altura do Teatro Lauro Olmo as que aparecen cortadas ou ben con pronunciados cortes. Esta situación está a indignar e preocupar á veciñanza do Barco.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button