Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, o Concello de Viana do Bolo, a través do Centro de Información á Muller (CIM) ten previsto levar a cabo unha serie de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia dirixidas ás veciñas e veciños de Viana baixo o lema “Contra as violencias machistas, edución feminista”.
Do 19 ao 21 de novembro haberá obradoiros de prevención da violencia e o día 25 será a concentración e lectura dun manifesto institucional polo 25N. O 28 de novembro exporase un mural colectivo; e do 25 ao 29 de novembro desenvolverase a Campaña de concienciación contra as violencias machistas a través das RR.SS.
Tal como avanzan dende o Concello, un ano máis, o obxectivo desta programación é “sensibilizar a sociedade vianesa sobre unha lacra que cada ano provoca gran dor e sufrimento a moitas mulleres e as súas familias”.