Extinguido incendio forestal do concello de Viana do Bolo, na parroquia de Pradorramisquedo, dende as 19:51h da tarde deste sábado, 8 de agosto.
Segundo a últimas estimacións de Medio Rural, o lume afectou a unha superficie de 190 hectáreas de monte raso. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 18 axentes, 56 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.