En portadaÚltima hora

Controlado o incendio de Seadur (Larouco), tras queimar unhas 120 hectáreas

O lume de Freixido continúa estabilizado e afecta a unhas 140 hectáreas, segundo Medio Rural

Superficie queimada nos incendios de Larouco./ Cedida.

 

A Consellería do Medio Rural vén de actualizar os datos sobre os dous incendios forestais que afectan ao municipio de Larouco. O lume de Seadur -que se iniciaba o mércores ás 20,59 h.- quedaba controlado ás 18,35 h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 120 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o de agora 1 técnico, 16 axentes, 28 brigadas, 27 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

O lume rexistrado na parroquia de Freixido, quedou estabilizado ás 13,33 h. de hoxe tras comezar onte ás 7,26 h. da mañá. Segundo novas estimacións afecta unha superficie dunhas 140 hectáreas. No seu control mobilizáronse ata o de agora 18 axentes, 32 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Imaxes cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button