Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Controlado o incendio forestal de Requeixo (Chandrexa de Queixa)

Cedida.

 

A Consellería do Medio Rural vén de informar de que está controlado dende as 12:33 h. de hoxe o incendio forestal de Requeixo (Chandrexa de Queixa), que se iniciaba ás 11:38 h. de onte luns.

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 11 axentes, 32 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button