En portadaÚltima hora

Controlado o incendio forestal de Sobradelo e extinguido o de Biobra

Imaxe do incendio forestal de Sobradelo./ Foto: BRIF Laza.

 

Ás 22:37 h. de onte, domingo, quedaba controlado o lume rexistrado no concello de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Sobradelo, tal e como informa a Consellería do Medio Rural. Segundo as últimas estimacións, este lume, que se iniciaba o sábado ás 16:35h., afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas. Na súa extinción levan participado 1 técnico, 25 axentes, 45 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 8 avións e 9 helicópteros.

Incendio en Biobra (Rubiá)

Por outra banda, o incendio forestal que se orixinaba onte no concello de Rubiá, parroquia de Biobra, ás 20:54 h. da tarde, quedou xa extinguido ás 22,58 h. da noite do domingo. Tras a medición, a superficie afectada foi de 0,09 hectáreas -dentro do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra-, das cales 0,03 ha foron arboradas e 0,06 ha de monte raso. Na súa extinción participaron 3 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button