EconomíaEconomíaÚltima hora

Convenio de colaboración entre o GDR Sil-Bibei-Navea e Abanca

Un dos momentos da sinatura do convenio./ Cedida.

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GRD) Sil-Bibei-Navea vén de renovar un novo convenio financeiro de colaboración con Abanca co obxectivo de atender ás demandas dos empresarios e da creación de emprego e autoemprego no sector servizos, industrial e agrogandeiro da comarca de Trives.

O acordo foi asinado esta mañá en Ourense polo coordinador i nstitucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso, e polo presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, Francisco Magide.

Este documento pon o foco “especialmente na reactivación económica a través do crédito co obxectivo de poñer en marcha novos proxectos e mellorar a competitividade dos actuais. Os beneficiarios de proxectos vinculados ao GDR accederán a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións ou avais”, segundo a entidade bancaria.

Desta forma, o acordo inclúe unha oferta específica para os proxectos agrogandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de comercio exterior, desconto comercial, confirming, liñas de comercio exterior, etc.

A entidade financeira tamén ofrece xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica para os interesados.

Artigos relacionados

Back to top button