EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Convenio entre a D.O. Monterrei e o Concello de Verín para organizar a feira do viño desta denominación

 

O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, veñen de asinar un convenio de colaboración entre as dúas entidades destinado á organización da próxima edición da Feira do Viño Monterrei, que se celebrará do 11 ao 13 de agosto.

Este convenio recolle, por escrito, as cuestións que abonará cada entidade, repetindo deste xeito unha firma que xa se realizou en anos anteriores. O citado acordo de colaboración refírese a aspectos como montaxe do recinto feiral, actuacións musicais ou publicidade, entre outros.

Con todo, a colaboración entre as dúas entidades, no referente á XVI Feira do Viño Monterrei, esténdese a outros ámbitos como a elección do cartel anunciador, que será anunciado en próximas datas.

Artigos relacionados

Back to top button