Un convenio de cooperación educativa permitirá a realización de prácticas externas de estudantes da Universidade de Oviedo no Concello de San Xoán de Río. O acordo vén de ser rubricado e o próximo mes de xullo incorporase a primeira das alumnas universitarias ás súas prácticas en Río.
A Universidade de Oviedo e o Concello de San Xoán de Río están interesados na formación práctica dos estudantes da Universidade de Oviedo “pois consideramos que, a través destas prácticas académicas externas, poderán aplicar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, preparándose para o exercicio de actividades profesionais e facilitando a súa incorporación ao mercado de traballo”, indican os promotores da iniciativa.
Dende o Concello de San Xoán de Río asegúrase que “apostamos por atraer o talento universitario para que propoña solucións a todos os problemas que temos en zonas rurais como a nosa”.
A través deste convenio, ademais, os alumnos de a Universidade de Oviedo poden poñer en práctica todo o aprendido durante os seus estudos e demostrar n territorio que se pode levar á práctica todo o aprendido na teoría.
Así, no mes de xullo chegará a primeira das universitarias e “esperemos que o seu traballo no noso concello nos axude a mellorar tanto a nós como a ela, e que sexa a primeira dun gran número de universitarios que elixan ao rural, e concretamente a San Xoán de Río como o seu lugar para iniciar o seu contacto coa vida laboral, unha vez acabada a súa formación académica”, sinala o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.