ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Convivencia castrexo-romana na IX Festa do Ouro de Margaride

Estandartes do Imperio reciben ao visitante en Margaride de Lor nunha xornada moi especial na que esta localidade quiroguesa rememora a súa orixe romana. Neste sábado 17 de agosto celebra a súa IX Festa do Ouro cun programa que se iniciaba cunha misa en latín ás once horas, seguida dun percorrido dos veciños e visitantes, ataviados como romanos ou castrexos, por media ducia de adegas ao ritmo dos gaiteiros de Salcedo (Pobra do Brollón).

En cada unha delas ofrecíaselles viño, auga, refrescos e diversos petiscos, mentres tampouco faltaba o baile. Despois, todos xuntos desprazábanse ao campamento romano e ao oppidum galaico, ambos situados ao pé das Covas do Medo, unha antiga explotación aurífera romana.

Pola tarde, nese mesmo lugar Manuel Cao, mestre xubilado de San Clodio, dará unha conferencia sobre toponimia. Ademais organizarase unha búsqueda de ouro para os máis pequenos nunha das “lagas” da zona. Non faltará tampouco a música dun Dj, seguida dunha cea popular. Coa chegada da noite comezarán unha serie de rituais da man dun druídae de rituais e logo a queimada. Despois volverá a música.

Esta festa será organizada pola Asociación de Veciños de Margaride coa colaboración da Asociación Veciñal de Salcedo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button